sábado, 30 de noviembre de 2019

RÍOS DE EUROPA...

Ao longo do mes de outubro os sextos do Albino Núñez investigamos sobre os ríos  máis importantes de Europa: onde nacían, cidades polas que pasaban, a súa relevancia histórica... cando logramos organizar a información, xuntámonos e compartímola. O seguinte paso será colgalo todo no noso corredor para que o resto do colexio tamén poida aprender o mesmo ca nós. 

Non deixedes de pasarvos por alí nos próximos días;)




RÍOS DE EUROPA by Slidely Photo Gallery

jueves, 14 de noviembre de 2019

OUTRO ANO MÁIS... IMOS AO EROSKI!

Este curso a visita de Eva adiantouse a novembro. Así que o outro día pasouse polo noso centro para contarnos o importante que é manter unha alimentación saudable e un consumo responsable. Despois acompañámola ata o seu super e alí vimos o importante que é traballar en equipo para que todo funcione á perfección. Por riba, ainda nos invitaron a unha merenda saudable, xogamos e trouxemos un agasallo para casa!!. Con días así, non importa que chova, da gusto vir ao cole!! 


EVA VIDAL de Slidely by Slidely Slideshow

lunes, 25 de febrero de 2019

VISITA AO EROSKI

Nesta saida coñecemos a importancia de levar unha alimentación saudable e algúns segredos do supermercado do noso barrio. Dentro fotos...



VISITA AO EROSKI by Slidely Photo Gallery

viernes, 25 de enero de 2019

INVITÁMOSVOS A LER...

A comezos do segundo trimestre rematamos de ler "La Isla de Nuncameolvides" de Ricardo Gómez  e gustounos tanto que decidimos recomendárvolo. Non deixedes de ver as fotos de: COMO NOS IMAXINAMOS AOS PERSONAXES e os videos das nosas recomendacións: 

                                                                                

sábado, 1 de julio de 2017

REMATAMOS A NOSA ANDAINA EN PRIMARIA

O venres 23 de xuño os/as alumnos/as de 6º de Primaria despedíronse, pois comezan unha nova etapa nas súas vidas. Con eles vivimos moitos momentos inolvidables que xamais esqueceremos. Oxalá alcancedes na vida todas as metas que vos propoñades. Traballade moito, sede valentes, e perseguide os vosos soños. O que un consegue con esforzo sabe mellor. Poñede o máximo de ilusión en todo aquilo que fagades, e sobre todo, comezade cada día cun sorriso. Non vos esquezades de nós. 




   Ata sempre rapaces!!!!!

jueves, 18 de mayo de 2017

NAVEGA CON RUMBO

O 16 de maio tivo lugar no noso centro a actividade denominada NAVEGA CON RUMBO, destinada ao alumnado de 5º e 6º de educación primaria. É unha iniciativa promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). O obxectivo  deste programa é formar ao alumnado nas boas prácticas no emprego de Internet, previndo o ciberacoso, a dependencia das novas tecnoloxías, e promovendo un uso responsable das redes sociais.
 
NAVEGA CON RUMBO by Slidely Slideshow

domingo, 14 de mayo de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

O Día Internacional da Familia celébrase todos os anos o día 15 de maio. Esta data foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de aumentar o grao de concienciación sobre os temas relacionados coa familia e fomentar os lazos familiares.
Este ano céntrase en resaltar o papel que xogan as familias e as políticas orientadas ás familias no fomento da educación e no benestar dos seus membros, en particular, a educación infantil e a formación continua para nenos e mozos.
Pois ben, nós queremos colaborar como cada ano e agasallar ás nosas familias. Dárlles as grazas por todo ese traballo e dedicación que nos brindan día a día- sexan pais, nais, avós, irmáns,…

Nesta ocasión reciclamos uns "tapacubos", limpámolos ben e pintámolos, cada un de nós, ao seu gusto. Empregamos pintura en "spray", papel, goma eva, feltro, corda decorativa,… O último paso foi poñerlles uns "minuteros"; como nos foi imposible atopalos, decidimos mercalos por Internet, non tardaron moito en chegar, pois viñeron de China. Finalmente, instalámoslles os "minuteros" aos "tapacubos" e mailas pilas, e así de chulos quedaron…

Para vos, familia!!!


DÍA DA FAMILIA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker